sobre nos

elogho?

EIra é un espazo no que atopar diferentes marcas galegas lideradas por mulleres.

Antigamente a eira era un espazo chan no que se reunía a veciñanza para mallar o cereal.

Unha das ferramentas utilizadas era a criba, que se utilizaba para separar os grans de outras partículas de suciedade.

A nosa criba é símbolo do traballo pulido que fan as nosas mulleres en Galiza. Mulleres con conciencia que defenden o noso territorio e idioma de forma sostible.

Ademáis de contar con marcas incríbeis de todos os puntos de Galiza, tamén temos a nosa.

FAME é unha marca independente da Galiza, desenhada por mulleres. Nace en 2020 co obxetivo de facelo en galego e dende o rural, tendo como principal inspiración a nosa cultura. O noso propósito é mellorar cada día as nosas prácticas e causar un impacto positivo na nosa terra.